Saltar ao contido

Atol Palmyra

Modelo:Xeografía físicaAtol Palmyra
(en) Palmyra Atoll Editar o valor en Wikidata
Imaxe
TipoÁrea insular dos Estados Unidos
território ultramarino integral (pt) Traducir
Atol Editar o valor en Wikidata
EpónimoPalmyra (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Descubridor ou inventorEdmund Fanning (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas da Liña Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaIllas da Liña Editar o valor en Wikidata
Localizado na área protexidaPalmyra Atoll National Wildlife Refuge (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteOceanía insular Editar o valor en Wikidata
División administrativaIllas ultramarinas dos Estados Unidos, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 5°53′00″N 162°05′00″O / 5.8833333333333, -162.08333333333
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude2 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Superficie3,9 km² Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación21 de agosto de 1959 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
7 de novembro de 1802 naufraxio, ⇒ Cornelius Sowle (en) Traducir
1798 primeiro avistamento Editar o valor en Wikidata
Data de descuberta ou invención1798 Editar o valor en Wikidata
Actividade
OperadorUnited States Fish and Wildlife Service (pt) Traducir
Office of Insular Affairs (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Palmyra é un atol deshabitado, de 12 km² de área, na parte central do océano Pacífico. É unha das Espóradas Ecuatoriais (ao sueste do Arrecife Kingman e ao norte de Kiribati), localizado case directamente ao sur das illas Hawaianas, aproximadamente na metade do percorrido entre Hawai e Samoa. Os seus 14,5 km de costa teñen un fondeadoiro coñecido como West Lagoon (Lagoa Occidental). O atol consiste nun extenso arrecife de coral, dúas lagoas, e uns cincuenta illotes de area, rochas, arrecifes e barreiras cubertos pola vexetación, composta por cocos, Scaevolas, e altas Pisonias.

Fóra das illas Sand, ao oeste, e Varren, ao leste, a maioría delas están conectadas entre si. A maior das illas é a illa Cooper, que está ao norte, seguida pola illa Kaula, situada ao sur. O arco de illotes máis setentrional está formado polas illas Strawn, Cooper, Aviation, Quail, e Whippoorwill, acompañados ao leste polas illas Eastern, Papala e Pelican, e ao sur polas illas Bird, Holei, Engineer, Marine, Kaula, Paradise e Home (sentido horario).

Palmyra é un territorio dependente dos Estados Unidos, o que significa que está suxeito a todas as normas contidas na Constitución estadounidense e está permanentemente baixo a súa soberanía. Tamén é un territorio desorganizado, xa que non hai ningúnha disposición do Congreso que especifique como debería ser gobernado. A única lei relevante simplemente dá ao Presidente a decisión de administrar a illa como el queira [1]. Non hai poboación indíxena nin razón ningunha para pensar que a haberá nun futuro. É polo tanto, actualmente, o único territorio estadounidense desorganizado e incorporado. A súa enteira propiedade está reservada á The Nature Conservancy, que trata o atol como unha reserva natural, sendo administrado dende Washington, D.C. pola Office of Insular Affairs, da United States Department of the Interior. As augas que o rodean, ata o límite de 12 millas, foron transferidas á United States Fish and Wildlife Service, e designadas como Palmyra Atoll National Wildlife Refuge en 2001. A defensa é responsabilidade dos Estados Unidos.

A día de hoxe, non hai ningunha actividade económica nas illas. Construíronse moitas estradas e calzadas durante a segunda guerra mundial, pero están nun estado deplorable e cubertas pola vexetación. Tamén hai unha pista de aviación de aproximadamente 2 km na illa, sen pavimentación e que necesita melloras.

Palmyra foi avistada por primeira vez en 1798 polo capitán americano Edmund Fanning, de Stonington, Connecticut, nos Estados Unidos, mentres o seu navío, Betsy, dirixíase a Asia, pero só foi máis tarde, o 7 de novembro de 1802, cando os primeiros occidentais puxeron os pés en terra. Aquel día, o navío americano Palmyra, comandado polo capitán Sawle, foi seriamente danado polo atol.

En 1859, Palmyra foi reivindicado polo Dr. Gerrit P. Judd do bergantín Josephine para a compañía extractora de guano American Guano Company e os Estados Unidos, acolléndose á Acta de Illas Guaneras, de 1856. A pesar diso, nunca se extraeu guano, xa que en realidade non o había na illa. Palmyra está localizado nas proximidades da Zona Intertropical: hai moita choiva, o que non deixa que se acumule guano. Con todo, o 26 de febreiro de 1862, o rei Kamehameha IV (1834-1863), o cuarto de Hawai (1854-1863), enviou unha expedición, comandada polo capitán Zenas Bent e por Johnson B. Wilkinson, ambos cidadáns hawaianos, a Palmyra, para tomar posesión do atol e, en nome do rei, o 15 de abril de 1862, foi formalmente anexionado ao Reino de Hawai.

O capitán Bent vendeu os seus dereitos sobre a illa a Wilkinson o día 24 de decembro de 1862, e, desde este ano a 1885, Kalama Wilkinson tivo a posesión do atol, o cal foi dividido, en 1885, entre os seus tres herdeiros, dous dos cales inmediatamente transferiron os seus dereitos a un tal Wilcox(?), que, pola súa banda, transferiunos á Compañía de Navegación do Pacífico. A entidade ata intentou colonizar o atol, enviando unha parella a vivir alí entre setembro de 1885 e agosto de 1886.

En 1898, Palmyra foi anexionado aos Estados Unidos. No período seguinte ao da anexión formal, o Reino Unido mostrara interese en converter o atol en parte do "Imperio do Guano" de John T. Arundel and Co. E, en 1889, os británicos xa o anexionaron formalmente. Para acabar con todas as tentativas británicas, un segundo e separado acto de anexión de Palmyra foi realizado polos Estados Unidos en 1911.

Despois, a través dunha serie de acordos realizados entre 1888 e 1911, a Compañía de Navegación do Pacífico transferiu o seu dereito de posesión a Henry Ernest Cooper Sr. (1857-1929). O terceiro herdeiro de Kalama Wilkinson transferiu os seus dereitos ao señor Ringer, cuxos fillos, con todo, pasaron os seus dereitos de posesión a Henry Ernest en 1912, que se converteu entón no único propietario do atol.

En 1922, Cooper vendeu case todo o atol (as cinco illas principais), excepto algunhas pequenas illas, a Leslie Fullard-Leo e Ellen Fullard-Leo, o 19 de agosto, por 15.000 dólares. A asociación determinou que a Palmyra Copra Company explorase os cocoteiros que crecían no atol. Os seus sucesores continuaron como propietarios, excepto por un período durante a segunda guerra mundial, no cal Palmyra quedou baixo a administración da Mariña norteamericana.

En 1934, o Atol Johnston, o Arrecife Kingman, e Palmyra foron postos baixo a responsabilidade do Departamento da Mariña estadounidense. Cando a Armada dos Estados Unidos comezou a usar o atol como unha base aérea naval, tiña como donos cidadáns estadounidenses e hawaianos. Tras a guerra, os Fullard-Leo loitaron para volver tomar o control de Palmyra no Tribunal Supremo dos Estados Unidos, e venceron en 1947. Cando Hawai adquiriu status de estado, en 1959, Palmyra estaba explicitamente separado do novo estado; antes diso, o atol Palmyra era oficialmente parte do Condado de Honolulu.

En xullo de 1990, Peter Savio de Honolulu arrendou o atol ata o ano 2065, e creou a Compañía de Desenvolvemento de Palmyra. En xaneiro de 2000, o atol foi comprado por The Nature Conservancy para fins de preservación dos seus arrecifes de coral e para o seu estudo.

  1. Sección 48 do Acto Universal Hawaiano, Lei Pública número 86–624, 12 de xullo de 1960, 74 Decreto 411, anexo ás previas seccións 491 a 636 do Título 48, Código estadounidense

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]